Nintendo xa ten listas as rebaixas de outono para Zelda, Xenoblade ou Spyro

Todos sabemos que Nintendo non é unha empresa moi dada a rebaixar os prezos de xeito permanente nos seus títulos, polo que aproveitar descontos ou rebaixas á hora de facer medrar a nosa biblioteca é case unha obrigación. Toca Black Friday, o que traducen na Gran N como as súas Cyber Deals na eShop de Nintendo Switch.
A partir do 26 de novembro e ata as 23:59 do xoves 3 de decembro poderemos atopar un bo número de obras con descontos bastante apetecibles, de ata o 75 %. Na promoción aparecen xogos bastante interesantes ou a ter en conta, como Fire Emblem Three Houses, Astrail Chain, The Legend of Zelda: Link’s Awakening, Xenoblade Chronicles: Definitive Edition ou The Outer Worlds.
Polo momento, aquí tes unha selección dese catálogo que pronto recibirá os seguintes descontos:
- The Legend of Zelda: Link’s Awakening – 33 % de desconto.
- Xenoblade Chronicles Definitive Edition – 33 % de desconto.
- Xenoblade Chronicles 2 – 33 % de desconto.
- Fire Emblem Three Houses – 33 % de desconto.
- Donkey Kong Country Tropical Freeze – 33 % de desconto.
- Astral Chain – 33 % de desconto.
- The Elder Scrolls V: Skyrim – 50 % de desconto.
- Dark Souls Remastered – 50 % de desconto.
- Dragon Ball FighterZ – 84 % de desconto.
- Tales of Vesperia: Definitive Edition – 75 % de desconto.
- The Outer Worlds – 50 % de desconto.
- Borderlands Legendary Collection – 40 % de desconto.
- BioShock: The Collection – 40 % de desconto.
- Sid Meier’s Civilization VI – 50 % de desconto.
- Mortal Kombat 11 – 60 % de desconto.
- The Witcher 3: Wild Hunt — Complete Edition – 30 % de desconto.
- Spyro Reignited Trilogy – 49 % de desconto.
- Crash Team Racing Nitro-Fueled – 49 % de desconto.
- Metro 2033 Redux – 50 % de desconto.
- Diablo III: Eternal Collection – 50 % de desconto.
- Atelier Ryza: Ever Darkenss & the Secret Hideout – 30 % de desconto.
- The Wonderful 101: Remastered – 32 % de desconto.