Actualidade Nioh 2 chegará en marzo do vindeiro ano

Nioh 2 chegará en marzo do vindeiro ano

Outra confirmación máis, nunha semana que non permite acougo. Desta vez, trátase dun moi especial para os amantes dos ninjas e a dificultade. Nioh 2, a sequela do afamado título de Team Ninja, vén de anunciar data de lanzamento, o 13 de marzo de 2020. Tres anos despois da aterraxe do primeiro xogo, poderemos volver gozar dun combate no Xapón feudal, moi inspirado pola saga Souls.

A data foi revelada grazas a un adianto publicado na canle de Youtube de PlayStation, que ademais detallou os días durante os que poderemos xogar á súa beta aberta,entre o 1 e o 10 de novembro. Aquí mesmo podedes gozar deste novo tráiler.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.