Actualidade No Man’s Sky achégase ao survival horror coa súa nova actualización

No Man’s Sky achégase ao survival horror coa súa nova actualización

Hello Games converteu en rutina unha das tarefas máis complicadas que tiña por diante após o lanzamento de No Man’s Sky. A obra de Sean Murray non parou no seu empeño de mellorar continuamente, tal e como demostra coa nova actualización chamada No Man’s Sky: Desolation.

Este parche permite explorar estacións espaciais que se atopan abandonadas e á deriva por todo o cosmos. O máis rechamante é o cambio de ton para este tipo de contido, xa que o xogo achégase máis ao visto en referentes do survival horror como Dead Space. Melloras no combate ou o manexo de armas permitirán combater a robots, condicións ambientais adversas e criaturas inesperadas en zonas que se xerarán proceduralmente.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.