No Man’s Sky actualízase para poder crear música dentro do propio xogo

No Man’s Sky actualízase para poder crear música dentro do propio xogo

O esforzo e a constancia son dúas calidades que podern definir a unha persoa de forma moi positiva. Ou mesmo a un estudio. Este é o caso de Hello Games, a compañía de Sean Murray, que continúa actualizando o seu xogo principal, No Man’s Sky, a pesar das masivas críticas negativas acontecidas durante o seu lanzamento.

Nesta ocasión, a actualización 2.24, dispoñíbel para todas as plataformas, chega cun dispositivo musical debaixo do brazo. O ByteBeat Device permite crear e modificar música dentro do xogo, polo que poderemos xerar as nosas pistas de audio. Este aparello responde á demanda dos usuarios de poder incluír sons ás súas construcións. Dito e feito.

É máis, ByteBeat pódese sincronizar axustándoo a outros ByteBeats, o que permite superpoñer varias pistas, crear luces e refachos de enerxía que se sincronizan coa música. É hora de dar renda solta ao DJ que levades dentro.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados