No Man’s Sky continúa o seu camiño con Visions

No Man’s Sky continúa o seu camiño con Visions

O videoxogo de exploración espacial presentou esta mañá a súa nova actualización, Visions.

A través dun adianto audiovisual repasa as novidades que chegarán ao seu universo proximamente. Por exemplo? Maior variedade de terreos, a inclusión de novos planetas, máis animais, máis flora, aumento de cores no apartado visual… Ademais, tamén se mellorará a comunicación entre xogadores grazas á chegada de novos xestos.

Sen data de lanzamento aínda, a última gran actualización que recibiu foi NEXT, momento no que se lle engadiu ao xogo o anunciado nun inicio modo multixogador.

O vídeo tamén mostra certos cambios nos ceos e nas atmosferas, así como a posibilidade de crear e lanzar fogos artificiais.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados