No Man’s Sky seguirá expandíndose coa súa actualización Beyond

No Man’s Sky seguirá expandíndose coa súa actualización Beyond

O estudio responsable de Non Man’s Sky, Hello Games, vén de anunciar a data para a súa nova gran actualización. Co nome de Beyond, configúrase a sétima expansión do título d PC, Xbox One e PS4, e mantén viva a idea de lograr que o xogo chegue a ser o que realmente se prometeu no seu día, após quedar moi danada a súa imaxe cun lanzamento prematuro.

Esta nova actualización engadirá soporte para realidade virtual —para PC e PS VR— así como unha «nova experiencia social e en liña», da que faltan por coñecerse os detalles, pero que, segundo os creadores, buscará simplificar a reunión entre xogadores e axudará a atopar outros usuarios de xeito máis doado.

Como é habitual neste tipo de descargas, Beyond non requirirá dunha compra extra nin terá micropagos e será gratuíto para todo aquel que teña unha copia da obra orixinal. Estará dispoñíbel en menos de dúas semanas, o 14 de agosto.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados