Nova demo de Devil May Cry 5 en febreiro
A través da súa conta oficial en Twitter, Capcom fixo pública a chegada dun nova demo de Devil May Cry 5. A diferenza do anterior adianto, lanzado en exclusiva para Xbox One, este tamén poderá gozarse en PlayStation 4. Cando? O próximo 7 de febreiro.
Huge thanks to everyone who downloaded and tried out the #DMC5 Xbox One demo! As of today, it will no longer be available for download, but it's still playable if you have it on your system.
⚡️ A new demo is coming Xbox One and PS4 on Feb 7th! ⚡️ pic.twitter.com/VZLNAL2tAk
— Devil May Cry 5 (@DevilMayCry) January 7, 2019
“Queremos dar as grazas a todos aqueles que descargaches e probado a demo de DMC5 en Xbox One. A partir de hoxe non estará dispoñible, pero podedes xogar con ela se a baixastes no voso sistema. Un nova demo chegará a Xbox One e PS4 o 7 de febreiro!”, indican na rede social do paxariño.
Devil May Cry 5 promete acción por milleiros. Unha aposta pola terceira persoa e acción do tipo hack and slash, que tamén chegase a PC. Dez anos despois, teremos unha nova entrega numérica da man de Hideaki Itsuno, director da maioría dos títulos da saga. Mataremos demos a unha velocidade frenética a través dos diferentes personaxes que controlaremos. O 8 de marzo, lanzarase oficialmente en todas as plataformas.