Actualidade Novas imaxes de StarCraft: Ghost, o shooter cancelado de Blizzard

Novas imaxes de StarCraft: Ghost, o shooter cancelado de Blizzard

É posible que StarCraft: Ghost non sexa un nome que lle diga nada a case ninguén. É normal. Foi un proxecto de shooter que a todopoderosa Blizzard desenvolveu entre 2002 e 2006 pero que nunca viu a luz. O xogo foi cancelado e nada máis se soubo da súa idea. Curiosamente, grazas a Internet, ás veces as pantasmas do pasado regresan. Esta vez materialízase na forma de sete minutos de gameplay dunha demo perdida.

Protagonizado por Nova, detrás de Ghost tamén estaba Nihilistic Software. As imaxes aparecidas foron destapadas por Andrew Borman, especialista en conservación do medio. Queres ver como lucía o título que nunca existiu nas tendas? A continuación tes a oportunidade de descubrilo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.