Nove xogos para loitar nas Vegas durante o EVO 2019

Tras a celebración da segunda edición do EVO Japan hai pouco máis dunha semana, confirmáronse os nove títulos que configurarán a aliñación de videoxogos de loita cos que se competirá no maior torneo de loita do mundo, o EVO 2019 americano, do 2 ao 4 de agosto, no Casino-Hotel Mandalay Bay de Las Vegas, situado no corazón do Strip, a rúa máis coñecida da cidade de Nevada.

Injustice ou Guilty Gear quedan sen presentación e dan paso a outros videoxogos.
Que xogos foron os seleccionados?
- Street Fighter V: Arcade Edition
- SoulCalibur VI
- Tekken 7
- BlazBlue: Cross Tag Battle
- Super Smash Bros. Ultimate
- Under Night In-Birth Exe:Late[st]
- Samurai Shodown
- Dragon Ball FighterZ
- Mortal Kombat 11
O ano pasado bateuse o récord de espectadores grazas ao enfrontamento entre SonicFox e Go1. Máis de 250.000 usuarios decidiron seguir por Twitch a retransmisión do seu combate en Dragon Ball FighterZ , título que gozou dunha impresionante acollida tras liderar as inscricións do 2018.
Os grandes ausentes deste ano serán Guilty Gear, Injustice 2 e Super Smash Bros. Melee, que evidencia o movemento de xogadores cara á última entrega do título de Nintendo.