Actualidade Novo gameplay de Beyond Good & Evil 2

Novo gameplay de Beyond Good & Evil 2

Foi, sen ningunha dúbida, unha das grandes aparicións do pasado E3. Beyond Good & Evil 2 avisou en novembro de que mostraría proximamente máis da súa xogabilidade e onte foi o momento. Ao longo dunha retransmisión en liña de preto dunha hora, o título amosou unha boa cantidade de novos detalles, así coma do seu combate ou das súas viaxes espaciais.

Segundo está previsto, Beyond Good & Evil 2 estará ubicado uns anos antes que un dos grandes títulos de Ubisoft, e levará aos xogadores ata o Sistema 3, onde poderá sucar os ceos dos seus planetas na súa nave pirata, acompañado dunha tripulación. Por suposto, será un mundo aberto.

A finais do 2019, se nada se torce, será lanzada a súa beta. Si, aínda queda moito que esperar.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *