Actualidade Novos detalles sobre o argumento de Just Cause 4

Novos detalles sobre o argumento de Just Cause 4

Rico Rodríguez está de volta, ou polo menos fáltalle moi pouquiño para estalo ao cen por cen. A nova entrega de Just Cause 4 chegará o próximo 4 de decembro a Xbox One, PC e PS4.

A través dun novo adianto de video en castelán, Square Enix e Avalanche Studios afondan no argumento sobre o que se constrúe este novo título. Que sabemos? Que teremos que combater contra a Man Negra, unha milicia ás ordes de Gabriela Morales, inimiga principal do videoxogo e que non deixará que tomemos o control facilmente das súas operacións.

Ao noso lado estará Mira e todo un exército coa única idea de vencer e saír cara adiante, ata establecer a paz na rexión de Solís.

Xa sabedes, toca volver facer trucos imposibles co paracaídas, piruetas aéreas, burradas auténticas co gancho de ancoraxe, etc… Por suposto, este mítico aparello chegará con melloras e personalizacións para facer as ledicias dos xogadores que sempre encontran unha nova forma de usalo ao longo das súas partidas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.