Novos detalles sobre os campamentos e obradoiros de Fallout 76

Novos detalles sobre os campamentos e obradoiros de Fallout 76

Son moitas as novidades en forma de títulos que están chegando estes días, ou que están a piques de facelo. Fallout 76 é unha delas, e Bethesda lembra aos usuarios que o próximo 14 de novembro teñen unha cita co seu novo videoxogo para PC, PS4 e Xbox One. É normal, por tanto, que algúns dos seus directivos comecen a aportar novos datos sobre as súas mecánicas.

Pete Hines, vicepresidente de marketing de Bethesda, comentou en Twitter algúns detalles de interese para os que xa estean planeando percorrer esa norteamérica arrasada. Cun compoñente multixogador potentísimo, Hines confirmou que os xogadores poderán usar o obradoiro doutro xogador e facelo seu, desta forma pódense gañar grandes cantidades de recursos dunha maneira moi rápida.

Por outra banda, os campamentos base non se poden conquistar. Así coma os obradoiros representan zonas comúns de paso e que calquera pode administralos, os campamentos terán dono único. Vaia, que os xogadores non teñen nada que temer cos cofres, xa que serán completamente seguros e ninguén poderá facerse co seu contido.

Nun último tweet, Hines comentou que a modificación externa da nosa personaxe será moi fácil e non terá custes adicionais. É, simplemente, unha opción do menú principal. Iso si, non haberá un acceso anticipado á beta (prevista para outubro), nin sequera para aqueles compradores que mercaron as edicións máis luxosas.

 

 

 

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados