Novo xogo de Metal Gear Solid… de mesa

Novo xogo de Metal Gear Solid… de mesa

Aínda que este 2018 foi o vinte aniversario de distintos xogos, foi Metal Gear Solid un dos que máis tinta fixo correr en forma de revisións e reportaxes. O título que marcou un antes e un despois na historia do videoxogo volverá como xogo de mesa. Konami, que continúa sendo dona da súa licenza, chegou a un acordo con IDW Games para lanzar o primeiro xogo deste tipo, baseado na marca Metal Gear.

Por suposto, Hideo Kojima, director da saga, non participará no desenvolvemento ou creación deste proxecto que xa adxudicado o seu deseño a Emerson Matsuuchi, coñecido polo seu labor noutras obras deste estilo como Century ou Specter Ops. Sen dúbida, non poucos fans e coleccionistas do legado de Solid Snake quererán facerse con esta versión de mesa. O propio Matsuuchi defínese como “o maior fan de Metal Gear Solid”, o que xa deixa entrever o nivel de agarimo e tacto co que tratará de dar forma e finalizar este proxecto.

Aspecto exterior de Metal Gear Solid: The Board Game

Pouco máis se sabe sobre este xogo de mesa. Si se mostrou a caixa que o conterá e  comentouse que as partidas durarán uns sesenta minutos. Poderá ser gozado con ata catro xogadores á vez, e a idade recomendada para a súa compra será de 14 anos. Tamén se deu a coñecer que Francesco Orrù é o artista elixido para crear as figuras que conteña.

Entre o 8 e o 10 de xuño do ano que vén, durante o E3 2019, os medios acreditados poderán probar e coñecer o xogo nos Ángeles.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.