Nvidia fixa o lanzamento da RTX 3060 por 335 euros a finais de febreiro
O vindeiro 25 de febreiro e cun prezo de 335 euros, todo aquel que queira o modelo de GPU máis alcanzable da serie RTX 3000 de Nvidia poderá mercar cunha.
Entre as súas características máis notables, atopamos que a GeForce RTX 3060 dispón de 12 GB de memoria GDDR6 e a marca promete 10 veces máis rendemento coa tecnoloxía de ray tracing con esta tarxeta. Por suposto, e mantendo a liña marcada polos produtos pertencentes á serie RTX 3000, a RTX 3060 tamén admite DLSS e todo o conxunto de aplicacións RTX de Nvidia.
O seguinte modelo, a 3060 Ti, tamén poderá ser adquirida por 419 euros. Se queres comprar cunha deberás estar atento e co F5 ben preto, pois se esgotan moi rápido. Nvidia recomenda activar o seu sistema de notificacións para facilitar o proceso.