Nvidia presenta a RTX 2080 Ti de Cyberpunk 2077

Nvidia presenta a RTX 2080 Ti de Cyberpunk 2077

De aspecto impecábel, a Nvidia Geforce RTX 2080 Ti Cyberpunk 2077 Edition preséntase como unha versión máxica para aqueles que estean a esperar con ansia o novo de CD Projekt RED. Aínda faltan meses até o lanzamento, o 17 de setembro, pero a empresa especializada en hardware manexa o seu propio calendario.

Foron fabricadas só 200 unidades que non sairán á venda. Como se poderán obter entón? A través de diversos concursos que se irán poñendo en marcha ao longo dos próximos meses. O primeiro deles repartirá setenta e sete e xa comezou.

No referente á tarxeta, trátase dun modelo con todas as características habituais da RTX 2080 Ti pero cunha decoración especial na que destaca a cor amarela coa parte traseira na que se observa o logotipo do xogo, amais da iluminación LED lateral que muda de cor.

«Cada unha ten unha cuberta de aluminio A O5052 personalizada, co estilo amarelo característico de Cyberpunk 2077, e un potente hardware GeForce RTX 2080 Ti debaixo. E, por suposto, vén envolta para agasallo nunha caixa de edición especial Cyberpunk 2077, perfecta para un andel de coleccionista», explica Nvidia no seu comunidado oficial.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados