eSports O Alixo do Coleccionista II do Pase de Batalla de The International 8 xa está aquí

O Alixo do Coleccionista II do Pase de Batalla de The International 8 xa está aquí

A International 8 de DOTA 2 está cada vez máis preto. Sobre a mesa está a dúbida de se Valve será capaz de superar o bote en premios que conseguiu xuntar o ano pasado, nada menos que 24.787.916 dólares.

A semana pasada un novo “Collector’s Cache”, o Alixo do Coleccionista, fixo aparición. Un novo cofre que contén once estilos desbloqueables para Meepo, Ember Spirit, Dragon Knight, Axe, Nyx Assassin, Magnus, Brewmaster, Phoenix, Broodmother, Doom e Chen. Tamén inclúe tres sets nos que haberá que ter algo de sorte para desfrutalos: un raro de Underlord, outro moi raro de Nightstalker e un ultra raro de Enigma.

Na práctica non deixa de ser outro incentivo de Valve para ver se poden chegar a eses trinta millóns de premio que teñen como obxectivo, aínda que o certo é que parece difícil a día de hoxe. Non imposible, pero terán que esforzarse moito de aquí ás tres semanas que quedan por diante para que comece o gran evento doteiro do ano. Iso si, os xogadores parece que percibiron mellor este novo cofre ca o anterior, un tanto frouxo nas opinións vertidas polos usuarios na Rede.

Aquí podes ver un video con todos os sets:

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.