O arresto dun actor paraliza as vendas de Judgment

O arresto dun actor paraliza as vendas de Judgment

SEGA vén de paralizar as vendas de Judgment no país do sol nacente despois do arresto dun dos actores que participou no seu desenvolvemento, Pierre Takis.

En Occidente é posible que dita acción quedase simplemente dentro do ámbito privado do traballador, pero en Xapón é diferente. O arresto foi difundido polos medios convencionais e tras o seu coñecemento público a compañía de videoxogos tomou a decisión de deter de inmediato a prevenda física e dixital da súa nova obra, realizada polo estudo Yakuza.

O xogo tiña previsto o seu lanzamento en Europa o próximo 25 de xuño.

Non tardou SEGA en emitir un comunicado sobre todo este asunto. «Recibimos a información do arresto e estase actualmente contrastando os feitos. Polo momento retiramos voluntariamente a distribución física e dixital de Judgment, así como a promoción do produto na nosa páxina web». A empresa tamén pide desculpas polos problemas que a decisión poida causar aos consumidores e ao resto de socios involucrados no proxecto.

Judgment saíu á venda en Xapón o pasado decembro e a súa chegada a Europa estaba prevista para o próximo 25 de xuño. Unha das súas virtudes é que contará con localización ao castelán, feito non demasiado habitual nos títulos de SEGA salvo contadas excepcións dun tempo para acó. Agora, o seu lanzamento no resto do mundo podería estar en perigo.

 

 

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados