O arsenal de Metro Exodus, a exame

O arsenal de Metro Exodus, a exame

Pouco  falta para que o novo título da saga Metro faga a súa aparición. 4A Games e Deep Silver ultiman os detalles do seu lanzamento oficial e, a contagotas, van colgando novos vídeos na súa canle de YouTube. Despois de amosar un longo percorrido por un das súas paraxes, o equipo de desenvolvemento convida aos usuarios a coñecer máis de preto as armas e obxectos que terán para sobrevivir nunha Rusia arrasada.

4A Games non é un estudio de medias tintas. Reaxustou e redeseñou por completo o sistema de armas, asegurándose que cada unha teña unha mecánica propia e funcional, pero que ademais poida ser mellorada durante a propia partida, ofrecendo aos xogador centos de opcións á hora de planear o seu ataque. Até teremos que limpar e realizar un mantemento das nosas armas para evitar que se estraguen ou nos deixen vendidos en eel peor momento!

Metro Exodus chegará ao mercado o próximo 15 de febreiro para Xbox One, PlayStation 4 e PC. Combinará elementos de shooter en primeira persoa, con supervivencia e sixilo. Dos túneles claustrofóbicos do metro de Moscova pasarase a escenarios máis abertos, aínda que se manterá a tensión constante da que fan gala os seus predecesores.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados