"> O Celta formaliza a súa participación na eLaLiga Santander – Revista Morcego
Actualidade O Celta formaliza a súa participación na eLaLiga Santander

O Celta formaliza a súa participación na eLaLiga Santander

O Real Club Celta de Vigo non quere perder o tren dos deportes electrónicos. O ente deportivo vén de anunciar a súa inscrición na próxima tempada da eLaLiga Santander, competición oficial de EA Sports FIFA 20 Global Series, na que participarán 33 equipos de Primeira e Segunda División.

A competición arrincará o vindeiro mes de xaneiro cunha etapa de clasificatorios en liña. Desde este martes 17 de decembro, todos aqueles usuarios que queiran optar a ser xogador oficial do Celta na competición pódense inscribir a través da páxina web oficial da competición.

O 15 de febreiro, Madrid acollerá o Kick Off, momento no que dará comezo a nova tempada. Nesta cita, en exclusiva, os representantes dos clubs poderán gañar os seus primeiros puntos para a clasificación xeral da competición. A partir desa data celebraranse dous torneos en liña, co obxectivo de chegar ao torneo Mid Season, presencial, que se celebrará en Barcelona o mes de abril.

 

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.