O compositor da música do Duke Nukem 3D denuncia a Valve e a Gearbox

O compositor da música do Duke Nukem 3D denuncia a Valve e a Gearbox

O compositor das pasaxes musicais de Duke Nuken 3D, Bobby Prince, denunciará a Gearbox, Randy Pitchford e Valve. O motivo? A presenza das súas melodías e cancións en Duke Nukem 3D: 20 th Annniversary World Tour, reedición que viu a luz no 2016.

Segundo parece, o acordo asinado no seu día por parte de Prince con Apogee Software facíalle dono de 1 dólar por cada copia do xogo vendida. Gearbox fíxose cos dereitos de Duke Nukem no 2010, pero o denunciante sinala que esa licenza non inclúe as cancións que fixo para o xogo orixinal.

No texto que recolle a demanda, Randy Pitchford recoñece que os dereitos da música pertencen a Prince, porén, négase a compensalo de xeito económico ou a retirar a súa música do xogo. Após uns meses de negociación, o compositor emitiu unha notificación a Valve mediante a DMCA (Lei de Dereitos de Autor da Era Dixital) para que se detivese a venda do xogo en Steam, pero non recibiu resposta algunha.

Agora, Prince levará o asunto aos tribunais.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados