O compositor de Skyrim e o cocreador de Night in the Woods, acusados nas redes de agresión sexual

Nesta ocasión, tocoulle á industria do videoxogo verse no ollo do furacán, un que é lamentable, e que estende os seus ventos e tentáculos en todos os sectores da sociedade. Nathalie Lawhead, traballadora da industria, denunciou nas súas redes sociais un presunto caso de violación. A través dun escrito no seu blogue persoal, acusa a Jeremy Soule, creador da banda sonora de The Elder Scrolls IV: Oblivion e de Skyrim, de perpetrar a agresión sexual.
A muller, que traballou en títulos como Tetrageddon ou EIGTBOK explica que todo aconteceu no ano 2008. Segundo parece, compartía amizade co compositor, pero este interpretaba a relación dun xeito diferente. Tras o rexeitamento de Lawhead, este comezaría unha serie de coaccións e ameazas cara á traballadora, entre outros abusos, nos que se incluiría a violación, en palabras da muller.
Após facerse público este relato, outra figura da industria, Zoë Quinn, desenvolvedora de obras como Depression Quest, inspirada pola historia de Nathalie, tamén compartiu unha experiencia similar. O seu relato implicaría ao cocreador de Night in the Woods, Alec Holowka, co que viviu por un tempo, intre no que tamén a ameazaría, ademais de sometela a supostos abusos sexuais e vexacións que a traballadora sinala na súa conta de Twitter.
I’ve been silent about this for almost my entire career and i can’t do it anymore. Sorry if this is rambling and messy, I’m scared shitless to out an industry legend like this but I can’t live with the secret anymore 1/2 pic.twitter.com/DpbhtuaoEP
— zoë “bi fieri” quinn (@UnburntWitch) August 27, 2019
As mostras de apoio cara ás dúas traballadoras non pararon de sucederse nas últimas horas. Scott Benson, outro dos creadores de Night in the Woods, posicionouse a favor de Zoë, comentando no seu perfil de Twitter que cre a súa historia, e que isto «o golpeou dunha forma moi inesperada, e mañá teremos máis que dicir», en referencia a todo o equipo.