Fortnite está de volta e revela o contido do seu Capítulo 2
Non, o fin de Fortnite non foi tal e a realidade é que calquera previsión de que tal feito ocorra antóllase, como mínimo, imposíbel . As filtracións, habituais no xogo, fixeron o seu, e xa foron revelados unha enorme cantidade de detalles sobre ese Capítulo 2 a piques de comezar. É algo máis que unha Tempada 11. O battle royale de Epic quere reinventarse e atraer novos xogadores á súa illa.
Fortnite está de volta.
C2S1 Cinematic pic.twitter.com/oytBNjfeNo
— Lucas7yoshi – blackhole Leaks/News (@Lucas7yoshi) October 15, 2019
O buraco que puxo fin ao antigo mundo tamén dará luz a un novo. É o que amosa a cinemática filtrada. Unha aposta pola volta á diversión multixogador para todos os públicos que Fortnite leva por bandeira.
A descarga da actualización, segundo apuntan desde Eurogamer, é de 16 GB en PC, mentres que en PlayStation 4 será de 9 GB. Os xogadores de iPhone e iPad terán que facer unha descarga inicial de 192 MB.
Queres coñecer o novo Pase de Batalla? Si, tamén apareceu pola Rede horas antes desta volta.
Que novidades achega o Capítulo 2?
- Un novo mapa, con trece localizacións inéditas e orixinais por descubrir.
- A auga, un elemento que aproveitar. Agora poderemos nadar, pescar e montar en lancha
- O bazucavendaxes, nova arma coa que salvar ao noso escuadrón
- Novos xestos de grupo
- Agochos e explosivos. Un colector do lixo? Un bo sitio onde agardar polo inimigo. Unha gasolineira? Un bo sitio que explotar para ferilo
- Novo pase de batalla e melloras no sistema de progresión
- O resto de novidades podes consultalas nas notas oficiais do parche