O creador de Celeste comparte os seus primeiros niveis de Super Mario Maker 2
O creador de Celeste, Matt Thorson, compartiu unha pequena listaxe cos niveis que creou estes últimos días usando Super Mario Maker 2, o título que vén de ver a luz en Nintendo Switch.
O responsable dun dos títulos independentes máis aclamados de 2017, nominado ao GOTY, non perdeu o tempo estes días e grazas ao editor de niveis de Nintendo creou e publicou a súa propia visión de Super Mario a través da súa conta de Twitter. No seu día, Thorson chegou a crear máis de cincuenta niveles para o primeiro Super Mario Maker de Wii U.
Se queres botarlle un ollo ás súas creacións podes buscar o seu perfil público mediante a ID JVY-3W4-11H, e ver todo o contido que foi creando (e que creará).
A continuación, tes a lista dos niveis compartidos e os seus códigos:
- Banzai Bounce: Q43-GXB-WHG
- Desert of Despair: H8K-3B9-WDG
- Starlight Shells: PHP-GYT-VJG
- Shrine of the Sacred Stiletto: 5YG-7DN-PGG
My first Mario Maker 2 course, about bouncing on banzai bills in the sky 🙂 loving the game so far
Q43-GXB-WHG— Matt Thorson ? (@MattThorson) June 28, 2019
Probei o de Banzai Bounce e non hai maneira, é un pouco sádico ese nivel xD