O creador de Stardew Valley anuncia Haunted Chocolatier, a súa nova obra
Boas noticias as que trae Eric Barone, creador de Stardew Valley. O californiano anunciou que a súa nova obra levará por nome Haunted Chocolatier e, malia non ter data de saída, xa puidemos ver as súas primeiras imaxes a través dun pequeno adianto.
Avalado polo éxito absoluto do seu simulador de granxa, todo un fito dentro da industria independente do videoxogo, Haunted Chocolatier preséntase como un título que aposta polo chocolate como gran motor narrativo.
«Por que o chocolate? Non estou seguro. Simplemente penseino. Creo que ás veces as mellores ideas aparecen nun instante, en lugar de ser pensadas intelixentemente. Así é como me gusta traballar. O importante é a execución. E despois de 10 anos de práctica, síntome máis seguro que nunca á hora de poder darlle vida a unha idea», explica o mesmo Barone.
Ni fecha, ni plataformas. Paciencia.