O Cretácico fai a súa aparición en Jurassic World Evolution

O Cretácico fai a súa aparición en Jurassic World Evolution

O xogo de estratexia publicado por Frontier Developments continúa meedrando e engadindo novos contidos. A nova actualización centrarase en devolver á vida algúns réptiles da era Cretática.

O Iguanodón, un herbívoro de gran tamaño capaz de camiñar sobre cuatro patas e sosterse sobre dúas; o Carcharodontosaurus, o carnívoro máis grande da súa época; e o Dreadnoughtus, un colosal herbíboro, son os dinosauros que se incorporan a Jurassic World Evolution e que os usuarios poderán criar dentro dos seus parques. O DLC está xa dispoñible para Xbox One e PC, mentres que será lanzado proximamente para PlayStation 4.

Máis novidades

Ademais da inclusión destes animais, os xogadores tamén recibirán unha actualización gratuíta que introduce novos Modos Desafío para todas as illas do título. Tamén haberá máis opcións sandbox, que inclúen novos tipos de control para as agresións dos dinosauros, así como algúns cambios na interface.

Doutra banda, os donos da anterior expansión, Secrets of Dr. Wu, tamén recibirán os Modos Desafío para as illas correspondentes a ese DLC.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados