O director creativo de Cyberpunk 2077 ficha por Blizzard

O director creativo de Cyberpunk 2077 ficha por Blizzard

Sebastien Stępéń, director creativo de Cyberpunk 2077, acaba de unirse ao equipo de Blizzard Entertainment. Un movemento que produce certa sorpresa no sector, a propósito de que o RPG futurista aínda está en desenvolvemento.

Stępéń traballou os últimos doce anos en CD Projekt RED, e foi participe dos lanzamentos máis importantes do estudo, como foron The Witcher 3: Wild Hunt e The Witcher 2: Assassins of Kings. A súa incorporación a Blizzard leva a pensar que a compañía americana ten algo grande entre mans, e non poucos apuntan a un posible Diablo IV. Doutra banda, o director creativo quizais poida seguir vinculado ao proxecto de CD Projekt, ou que a súa marcha realmente indique que o seu traballo como tal finalizou, o que achegaría un valioso dato á hora de pensar que Cyberpunk 2077 está nun estado avanzado de xestación.

A fichaxe de Stępéń podería indicar que Cyberpunk 2077 xa está bastante avanzado.

Máis movimentos no “mercado de inverno”

Tamén Sony fixo público unha nova fichaxe. James Martinchek, que traballou como animador en Naughty Dog e despois en Rockstar Games, vén de ingresar nas filas da compañía xaponesa. En teoría incorporarase a un equipo de traballo que prepara un proxecto aínda por anunciar, aínda que dende hai meses especúlase coa posibilidade dun novo Uncharted ou algún outro proxecto orixinal que será amosado tralo lanzamento de The Last of Us 2.

Doutra banda, Microsoft tamén quixo ampliar persoal e decidiu ofrecerlle emprego a Chris O’Neill, que traballou no último God of War de Santa Monica Studio. Dende agora será o deseñador sénior dun proxecto aínda sen revelar e que se atoparía nas súas primeiras fases de desenvolvemento.

O’Neill traballará baixo o paraugas de The Initiative, o novo estudio de Microsoft, dirixido por Darrel Gallagher, ao que recentemente tamén ingresou o director de Sunset Overdrive, Drew Murray.

O novo estudio de Microsoft está xuntando un bo grupo de veteranos da industria do videoxogo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados
Comentarios non permitidos
  1. […] a participar xa en  Cyberpunk 2077 como director de deseño. A súa chegada podería vir cubrir a baixa de Sebastien Stępień, director creativo en CD Projekt RED, quen abandonou a compañía hai uns meses para continuar a […]