O director de Desintegration achega novos detalles sobre a súa campaña

Anunciado durante o último E3, Desintegration é o novo proxecto de V1 Interactive, equipo no que milita un dos pais de Halo, Marcus Lehto. Será un titulo multixogador, pero o director asegurou que non descoidará a súa campaña para un xogador.
«Dá medo o similar que estamos ás orixes de Halo», explica nunhas declaracións recienes a Vídeo Games Chronicle. «Montamos ao xogador nunha intensa montaña rusa desde o principio da historia. Terás altos moi intensos e baixos moi pacíficos onde poderás dedicarlle tempo á contorna. É algo máis lento que o multixogador»
A exploración traerá recompensas en forma de chatarra coa que mercar melloras para as unidades de combate, malia que tamén posuirán un propósito narrativo, capaz de ampliar a historia do xogo en base á observación.
Disintegration non ten data de lanzamento aínda, pero agárdase a súa chegada para PC, PS4 e Xbox One ao longo do próximo ano.