
O director de The Witcher 3 abandona CD Projekt tras ser investigado por acoso laboral
A información chega a través de Bloomberg, coa sinatura do xa famoso xornalista dentro da industria Jason Schreier. Konrad Tomaszkiewicz, director de The Witcher 3: Wild Hunt, abandonou a compañía logo dunha longa investigación interna que procuraba esclarecer se realizara acoso laboral aos seus empregados.
Aínda que Tomaszkiewicz foi declarado non culpable pola comisión organizada na investigación, o executivo decidiu finalmente renunciar ao seu posto e abandonar a compañía polaca. A través dos correos electrónicos consultados por Schreier, Konrad explica que, a pesar de non ser anunciado como culpable, «moita xente sente medo, tensión ou incomodidade cando traballa comigo». Emporiso, o director do RPG pide desculpas polo rancor ocasionado e explica que tentará modificar o seu comportamento no futuro. Así, malia que o director confirmou a información de Bloomberg, a empresa si que non quixo facer declaracións.
Tomaszkiewicz foi un dos nomes propios dentro do proxecto de The Witcher, sendo guionista no primeiro, deseñador de misións no segundo e o maior cargo no terceiro xunto coas súas correspondentes expansións. Hai unhas semanas, Andrezj Zawadzki, deseñador xefe de Cyberpunk 2077, tamén abandonaba tamén o estudo.