O director de The Witcher 3 únese ao equipo de Cyberpunk 2077

O director de The Witcher 3 únese ao equipo de Cyberpunk 2077

O equipo de  Cyberpunk 2077 continúa incorporando traballadores a pesar do avanzado estado do futuro xogo. CD Projekt RED confirmaba hai uns días que o seu próximo xogo estará presente no E3. Hoxe, suman un novo dato máis: o director de  The Witcher 3: Wild Hunt pasa a formar parte do equipo encargado do proxecto futurista.

Curiosamente, este movemento non chegou ao público a través do estudio polaco, senón por parte da rede social Linkedin e dalgún que outro usuario moi atento a estes asuntos. A páxina profesional de Konrad Tomaszkiewicz modificouse recentemente, un feito que non pasou inadvertido para os seus seguidores.

Captura do CV dixital que Tomaszkiewicz amosa en Linkedin.

Así, Tomaszkiewicz estaría a participar xa en  Cyberpunk 2077 como director de deseño. A súa chegada podería vir cubrir a baixa de Sebastien Stępień, director creativo en CD Projekt RED, quen abandonou a compañía hai uns meses para continuar a súa carreira como executivo en Blizzard. O traballo de Tomaszkiewicz con The Witcher 3 non se limitou ao título orixinal, senón que tamén dirixiu as dúas expansións que chegaron co paso do tempo: Hearts of Stone Blood & Wine.

A historia de Cyberpunk 2077 desenvolverase en Night City.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados