O DLC de Katana Zero será moito máis grande do planeado
Un dos mellores títulos que nos regalou o pasado 2019 foi Katana ZERO, o xogo de Askiisoft e distribuído por Devolver Digital, grazas a unhas mecánicas excelentes, un deseño con enormes posibilidades e unha historia que lograba manter a tensión. Tal foi o éxito, que un DLC con contido extra foi anunciado pero a día de hoxe aínda non posúe unha data de lanzamento.
Porén, un dos seus creadores declarou interesantes novidades respecto diso. Principalmente, explicou o motivo da longa espera deste contido, xa que «o DLC de Katana ZERO será tres veces maior que o tamaño planeado orixinalmente». Tamén agradeceu á comunidade a paciencia e lembra que este contido será totalmente de balde para todos os posuidores dunha copia para PC ou Nintendo Switch.
Hey everyone, long time no see! Here are some updates.
-I'm getting close to wrapping up the mobile game I'm making, @PocketSquirrel.
-The Katana ZERO DLC is 3x the original planned size, but is still in development and will still be free. Thank you for your patience with this.— Justin (@askiisoft) February 14, 2020




