Actualidade O E3 confirma as súas datas para o vindeiro ano

O E3 confirma as súas datas para o vindeiro ano

A Entertainment Software Association (ESA) vén de confirmar as datas para a celebración do E3 2021. Cando volverá a feira do videoxogo? A patronal americana do videoxogo indicou que o evento se situará entre o 15 e o 17 de xuño do vindeiro ano, na cidade dos Ángeles, como sempre.

A ESA quixo dar máis detalles e confirmou esa idea de reinvención que tanto tempo leva camiñando polos foros internos do medio, na procura dunha adaptación aos tempos que corren e asegurar a súa viabilidade e motivo de ser en plena era do streaming.

cancelación deste ano foi todo un acontecemento, sendo esta a ven primeira nun cuarto de século que a comunidade de xogadores, empresas e xornalistas quedaba sen visitar a feira máis importante do mundo dentro do sector. Diversas compañías confirmaron que en xuño realizarán igualmente eventos en liña para informar das súas novidades.

Doutra banda, os responsábeis da Gamescom, a feira máis grande de Europa, aseguraron que o evento se realizará, aínda que sexa a través dunha edición dixital no caso de que non se poida celebrar a reunión física se o coronavirus e a súa pandemia persisten no tempo. Está programada para o 20 de agosto.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.