O E3 deste 2022 tampouco contará cun evento presencial

O E3 deste 2022 tampouco contará cun evento presencial

La ESA (Entertainment Software Association)anunciou que este 2022 o E3 volverá ser un evento virtual. Así é, outro ano máis que non imos a Los Ángeles. Seguindo o camiño das dúas pasadas edicións, o E3 será unha cita en liña, a través de retransmisións preparadas e creadas para a ocasión. O culpable? O coronavirus, claro, a cepa Omicron, que semella estar a pegar forte nos Estados Unidos e non saben como evolucionará de aquí ao verán.

«Debido aos riscos asociados á Covid-19 e o seu potencial impacto na seguridade dos expositores e os visitantes, o E3 non se celebrará en persoa en 2022. Seguimos moi emocionados co futuro do E3 e esperamos anunciar máis detalles pronto», explicala ESA nun comunicado.

Non hai máis información sobre como se desenvolverá o evento, malia que é de supoñer que será moi similar ao que xa vivimos o ano pasado, con gravacións propias dos estudios e as compañías pre-gravadas para cada día.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados