O famoso streamer Reckful suicídase aos 31 anos

Byron ‘Reckful‘ Bernstein foi considerado o mellor xogador de World of Warcraft durante bastante tempo. Finou aos 31 anos. Na actualidade era coñecido por crear contido para a plataforma morada de Amazon. A súa contorna próxima vén de confirmar que o seu falecemento foi un suicidio.
O xogador padecía desde hai tempo unha depresión da que falaba de xeito público e trataba de amosar ao mundo a súa loita contra ela, animando os seus espectadores a que se se vían nunha situación simular reclamasen axuda. As mensaxes de despedida, respecto e condolencias foron unha constante ao longo das últimas horas nas redes sociais por parte de seguidores e amigos. Tamén en World of Warcraft foron realizadas diversas homenaxes.
Reckful/Byron memorials are now being held inside World of Warcraft across multiple servers and locations to pay respects to a WoW legend pic.twitter.com/Nb4FHfwAvM
— Rod Breslau (@Slasher) July 2, 2020
A parte máis amarga e lamentábel foi que ao longo dos seus directos, Reckful tivo que confrontar en varias ocasiones mensaxes de odio nas que lle pedían que se quitase a vida. Desde a súa morte, fíxose bastante popular un clip no que se afirmaba que isto sucedera na súa última retransmisión, mais varias fontes confirmaron que se trata dun directo antigo. Sexa como for, non hai cabida, nin debería habela baixo ningún pretexto, para comentarios tan viles e desprezábeis.