Actualidade O fútbol domina as listaxes de vendas de setembro

O fútbol domina as listaxes de vendas de setembro

Non é que sorprenda, pero está claro que España sempre será un país onde o fútbol ocupará unha posición privilexiada en tódalas súas ramificacións. Os videoxogos non son unha excepción. Setembro demostra ser de novo o mes do FIFA, aínda tendo rivais tan poderosos coma o Marvel’s Spider-Man ou o Shadow of the Tomb Raider.

A consola de Sony viviu un mes especialmente doce, acaparando case tódolos postos do top 10 de videoxogos máis vendidos o pasado mes. Boa nova a presenza de Dragon Quest XI: Ecos dun pasado perdido, que chegou a occidente cunha versión adaptada ao mercado local, e que parece estar funcionando moi ben entre os usuarios. Pola contra, Nintendo Switch non conseguiu colocar ningún dos seus títulos dentro dos primeiros postos.

Aquí a listaxe dos xogos máis vendidos en setembro:

  1. FIFA 19 (PS4)
  2. Marvel’s Spider-Man (PS4)
  3. FIFA 19 – Champions Edition (PS4)
  4. FIFA 19 – Ultimate Edition (PS4)
  5. NBA 2K19 (PS4)
  6. Shadow of the Tomb Raider (PS4)
  7. Marvel’s Spider-Man – Special Edition (PS4)
  8. Dragon Quest XI: Ecos dun pasado perdido – Edition of light (PS4)
  9. FIFA 19 (Xbox One)
  10. Pro Evolution Soccer 2019 (PS4)

Tamén vén de facerse pública a lista de títulos máis despachados pola PlayStation Store arredor do mundo. Por motivos evidentes, garda certa similitude co acontecido en España. O deporte rei tamén domina as vendas dixitais.

  1. FIFA 19
  2. Marvel’s Spider-Man
  3. NBA 2K19
  4. Battlefield 1
  5. Shadow of the Tomb Raider
  6. Grand Theft Auto V
  7. Pro Evolution Soccer 2019
  8. Minecraft
  9. Tom Clancy’s Rainbow Six Siege
  10. Rocket League
  11. FIFA 18
  12. Gran Turismo Sport
  13. Gang Beasts
  14. Dragon Quest XI: Ecos dun pasado perdido
  15. NHL 19
  16. The Crew 2
  17. Tom Clancy’s Ghost Recon Wildlands
  18. Persona 5
  19. Detroit: Become Human
  20. Life is Strange 2

 

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.