O goberno de Estados Unidos bloquea League of Legends en Irán e Siria

A escalada de tensión entre Estados Unidos con Irán e Siria tamén vén de ter a súas consecuencias no mundo dos videoxogos. O goberno do país americano decidiu bloquear a actividade de League of Legends nestass nacións de oriente medio.
Desde o pasado 22 de xuño, o acceso a League of Legends é imposible en Irán e Siria logo de que os xogadores ricibiran unha mensaxe na que se lles informaba de que o título ía ser bloqueado debido ás sancións aplicadas polo goberno de Donald Trump. Todo apunta a que Riot, a empresa responsable de LoL con sede en EE. UU., non tería outra opción que seguir as directrices do goberno.
«As restricións poden cambiar por parte do goberno dos Estados Unidos, e se iso sucede, agardamos verte de novo na greta», reza parte da mensaxe que os xogadores iranios e sirios puideron ler. Ao parecer, sería a primeira vez que un país restrinxe o acceso a un videoxogo noutra nación como sanción. Algúns usuarios están achando solución ao problema da conexión a través de servizos VPN.