O God of War de PlayStation 4 chegará a PC en xaneiro do 2022

O God of War de PlayStation 4 chegará a PC en xaneiro do 2022

Seguindo o camiño doutros exclusivos  —polo menos así o foron un tempo— de PlayStation como Horizon Zero Dawn ou Death Stranding, God of War (2018) tamén será xogable en PC.

O título de Santa Monica Studio é considerado unha das xoias da pasada xeración de consolas, un enorme plano secuencia cargado de acción e aventura. Por suposto, a súa chegada ao novo sistema traerá algunhas novidades: resolución 4K, soporta para monitores ultrawidde, framerate desbloqueado, sombreado de maior resolución e máis opcións gráficas melloradas. Ademais, terá soporte para as tecnoloxías DLSS e Reflex de Nvidia.

O xogo será compatible cos mandos DualShock 4 e DualSense, amais de ter controis pensados para teclado e rato.

En principio, e se nada o impide, Kratos e o seu fillo aterrarán en Steam e Epic Games Store o 14 de xaneiro do 2022.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados