"> O golpe de Moxxi a Jackpot el Guapo, primeiro DLC de Borderlands 3 – Revista Morcego
Actualidade O golpe de Moxxi a Jackpot el Guapo, primeiro DLC de Borderlands 3

O golpe de Moxxi a Jackpot el Guapo, primeiro DLC de Borderlands 3

A primeira expansión de Borderlands 3 estará dispoñíbel a partir do 19 de decembro. Defínese como a primeira ampliación do modo historia do xogo de Gearbox.

A narración deste DLC virará ao redor dun golpe encargado por Moxxi, asaltar un casino que no seu momento foi rexentado polo mítico vilán de Borderlands 2. Os tesouros están aí, só hai que buscalos.

Para entrar será preciso ter desbloqueado Santuario III e o nivel dos inimigos escalarase ao do xogador como é habitual.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.