O lanzamento de Doom Eternal vaise até marzo do 2020

Malas novas para todos aqueles que esperaban a próxima saída de DOOM Eternal. O FPS de id Software non aterrará nas tendas dentro dunhas poucas semanas, como así estaba programado. Bethesda anunciou que o título non verá a luz até o 20 de marzo de 2020.
Este cambio no calendario xustifícase por mor da idea de «asegurar a mellor experiencia», o que indica que o desenvolvemento da obra non foi todo o ben que se podía agardar. Ademais, o Modo Invasión non estará dispoñíbel de saída, senón que chegará pouco despois como un DLC de balde.
Doutra banda, DOOM 64 tamén chegará ao resto de plataformas, non só a Switch, e compartirá a mesma data que o seu novo irmán.
An update on DOOM Eternal: pic.twitter.com/2LWrfh6e4Z
— DOOM (@DOOM) October 8, 2019