O Mestre Mutenroi chegará a Dragon Ball FighterZ este setembro
O xogo de Arc System Works recibirá cos brazos abertos o creador orixinal do Kamehameha este setembro. Exacto, o Mestre Mutenroi, figura lendaria dentro da obra de Akira Toriyama, será o próximo personaxe de Dragon Ball FighterZ. A editora do título, Bandai Namco, xa fixo o anuncio oficial.
Mutenroi aterrará no xogo de loita con movementos míticos como o Mafuba co que se selou ao Rei Piccolo no seu día, e que neste tráiler utiliza para atrapar o seu fillo durante o combate.
Doutra banda, Bandai Namco tamén anunciou a creación de cinco novas ligas nacionais, entre as que se inclúe unha liga española. Haberá oito competidores por liga para un total de corenta dos mellores xogadores do mundo en busca da vitoria.
En outubro iniciarase a competición, primeiro cunha eliminatoria por round robin, onde os 8 participantes de cada país enfrontaranse os uns cos outros en combates FT5 —o primeiro en chegar a 5 vitorias, gaña o duelo—, de onde sairán os catro mellores clasificados que pasarán a a fase de playoffs. Esta último tramo terá lugar en decembro cos catro clasificados de cada país, de onde sairá o novo campión rexional de Dragon Ball FighterZ.