O MET permite trasladar as súas obras de arte a Animal Crossing: New Horizons
Nin sequera o coronavirus é capaz de ocultar a arte e a cultura entre catro paredes. O Museo Metropolitano de Arte de Nova Iorque (MET) atópase pechado nas datas que debería estar a celebrar os seus 150 anos de historia, mais os seus esponsábeis decidiron que a barreira sanitaria non impida o acceso ás súas galerías. É por iso que ofrecen a través da súa páxina web a oportunidade de contemplar as imaxes das súas obras en alta resolución.
Porén, o máis sorprendente é a nova función que se incluíu á hora de compartir estas obras nas redes sociais, xa que agora está dispoñíbel unha función que permite converter calquera das súas máis de 400.000 imaxes en patróns para decorar a túa illa en Animal Crossing: New Horizons.
Se facedes clic sobre o logotipo do xogo de Nintendo, teredes a opción de crear un recorte cuadrangular de calquera obra de arte para transformala nun código QR, escanealo a través do teu teléfono móbil coa función de Nook Link e poder contemplar eses marabillosos cadros no teu pequeno paraíso. Podedes escoller a obra que máis vos interese desde a galería principal do MET, que está a divulgando a través dos medios dixitais a historia que albergan as súas paredes.