O modelo de negocio de Google Play Pass non gusta aos creadores

Google Play Pass é xa unha realidade nos Estados Unidos. Trátase do enésimo servizo de xogos por subscrición que aparece nos último meses, pero a súa estrea foi criticado máis duramente que a de outras plataformas de corte similar. Por que? Google paga aos estudios en base ás horas de xogo que os usuarios botan nos títulos ofrecidos dentro do servizo, o que afecta de xeito evidente ao tipo de xogo que paga a pena, ou non, crear para Play Pass.
Trátase dunha forma de negocio que outras aplicacións xa levaron á práctica no seu día, como Spotify. Hai que lembrar que Google Play Pass non só inclúe videoxogos, senón que tamén presenta aplicacións de todo tipo e cor. Perante as críticas, Google xa avisa que esta política podería ser modificada nun futuro.
Na súa maioría, as críticas realizadas polos estudios independentes poñen de manifesto que o sistema só favorece a aqueles xogos que buscan atrapar ao xogador e mantelo no tempo, afastando calquera título que teña un percorrido máis curto na súa narración. É dicir, unha obra pequena na súa narración temporal, aínda que posúa enorme calidade, apenas gozará de beneficios neste servizo.
Over the past five years I’ve tried to be as productive a developer of small, short narrative games as I possibly could.
I knew this day would come. pic.twitter.com/LJUFWGkPLE
— Will O'Neill (@willoneill) September 23, 2019