Actualidade

O Museo do Videoxogo estrea as súas visitas virtuais
Situada en Cangas, a base do MUVI (Museo do Videoxogo) tamén ten estes días as súas portas pechadas por mor da pandemia global provocada pola Covid-19. Ora ben, os seus responsábeis quixeron buscar e crear outra entrada, a dixital.
Trátase dun percorrido polo espazo Trebella a través de varias imaxes de 360º que permiten coñecer desde o interior as estancias do MUVI, incluíndo a súa entrada, a sala de exposicións e a sala de xogos. Sobre os andeis repousan auténticos tesouros, difíciles de ver noutros lugares, como a Virtual Boy, ou a versión xaponesa da Famicom.
A través da siguinte ligazón podes acceder ao roteiro virtual.