O MUVI abrirá e acollerá visitas de balde cada fin de semana

O MUVI abrirá e acollerá visitas de balde cada fin de semana

Galicia xa tiña un museo dedicado ao videoxogo, mais, por fin, este poderá ser visitado cun horario regular e de maneira totalmente gratuíta. O Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI) anunciou este venres, 29 de outubro, que logo de asinar un acordo co Concello de Cangas do Morrazo poderá ofertar un horario de visitas continuo, semanal e sen custo algún.

Este acceso universal constitúe un «fito único dentro do panorama cultural do videoxogo do país e mesmo do estado español. A Concellaría de Cultura e a Alcaldía de Cangas fan posible que os valores e a visión dá Fundación MUVI sobre vos videoxogos poidan chegar, de xeito habitual e de balde, a toda a poboación dunha forma transversal, inclusiva, rigorosa, e cun transfondo cultural», explican os responsables do MUVI.

Horarios e acto inaugural

O sábado 6 de novembro, ás 16.30 horas, será celebrado un acto no MUVI que marcará o inicio desta primeira tempada regular. A partir dese intre, todos os sábados, de 16.30 a 20 horas, permanecerá aberto. A cita inaugural contará cunha mostra extensa de títulos interactivos, amais de música en directo.

Situado na rúa Andalucía nº 10, o MUVI buscará incluír na súa proposta diversas expresións culturais, malia que o videoxogo ocupará sempre o principal protagonismo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados