O novo DLC de Doom Eternal poderá ser adquirido de forma independente
The Ancient Gods Part One é o nome que recibiu o primeiro DLC de Doom Eternal e que será publicado o vindeiro 20 de outubro para PS4, Xbox One e PC. Este novo contido conta coa vantaxe de que poderá ser gozado de forma totalmente independente, polo que non terás que ser dono da obra orixinal para poder mercalo e xogalo.
Alén de completarmos a campaña principal ou de termos xa o título no noso sistema de xogo, a expansión estará dispoñíbel para todo o mundo dende o primeiro día de lanzamento. The Ancient Gods Part One enmárcase dentro do pase de tempada do xogo e permite visitar novos reinos dentro do universo de Doom nos que enfrontarnos a novas ameazas. Os responsábeis aseguran que aporta entre oito e dez horas novas de entretemento.