Actualidade O novo dos creadores de Little Nightmares estréase por sorpresa

O novo dos creadores de Little Nightmares estréase por sorpresa

De súpeto, sen case tempo para reaccionar máis aló da compra inmediata, Nintendo confirmou este venres, 8 de novembro, a chegada á eShop de The Stretchers, o novo título dos creadores do exitoso Little Nightmares. Concíbese como unha obra na que o xogador tentará dirixir un equipo de rescate. A súa principal premisa? Ofrecer diversión a esgalla.

«Rescata os cidadáns enfermos de todo tipo de situacións estrambóticas. Conduce a ambulancia até onde se atopan os pacientes, pero ollo, que a viaxe será movidiño! Destrúe muros, suca os ceos e enfróntache a mil perigos no teu afán de axudar ao próximo», reza a sinopse oficial. Nela tamén se explica que deberemos resolver quebracabezas e superar diferentes retos e desafíos, tanto en solitario como acompañados.

The Stretchers atópase xa dispoñíbel a un prezo de 19.99 euros.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *