Actualidade O novo xogo de Ken Levine, un caos de desenvolvemento

O novo xogo de Ken Levine, un caos de desenvolvemento

O nome de Ken Levine quedou como un dos grandes directores do medio. Ou xa non. Difícil consideración. O certo é que Levine estivo detrás de obras tan alabadas hoxe como System Shock 2 ou BioShock Infinite. Hoxe, segue a traballar no seu novo proxecto, mais un artículo publicado por Bloomberg acaba de revelar o caos total que é o seu desenvolvemento

Cómpre facer memoria. Após o éxito das devanditas obras, Levine anunciou o peche de Irrational Games no ano 2014 para fundar Ghost Narrativa Games, que se centraría no desenvolvemento de títulos narrativos que serían publicados por Take-Two. Foi unha decisión artística e non económica, alegando Levine que quería centrarse en proxectos máis pequenos, de carácter independente.

Ningún xogo saiu do forno de Ghost Narrativa Games aínda, malia que a primeira das súas obras ía ver a luz no ano 2017. Cinco anos máis tarde aquí seguimos. Segundo parece, e seguindo a información ofrecida por Bloomberg, o desenvolvemento é un inferno (development hell). O motivo? O propio Levine e a súa forma de xestionar a idea de crear un título triplo A co cadro de persoal dun estudio pequeno, a saber, pouco máis de trinta empregados.

Mike Snight, un dos fundadores de Ghost Narrativa Games, sinala o «proceso creativo» de Levine como o principal factor que motivou a súa marcha xunto á outra metade dos fundadores. Seis deles declararon que ese xogo ía estar ambientado nunha estación espacial, con tres faccións distintas coas que o xogador se podía aliñar. Para un equipo pequeno demasiado traballo, demasiado ambicioso.

Ao parecer, no pasado, as editoras lograban manter a Levine baixo control, como facía 2K, aínda que isto acabase en períodos de crunch. Mal asunto, pero a editora conseguía que o xogo avanzase e chegase a saír publicado. Agora, ninguén vixía a Levine e ninguén o mantén ancorado ao chan, ao mundo real.

Outro punto crítico é a tendencia do director a tirar ao lixo meses de traballo, refugar o logrado e empezar de cero. Segundo traballadores entrevistados polo medio internacional, as novas tendencias indie inflúen enormemente na visión de Levine, polo que solicita de forma continua que o equipo adapte os puntos fortes de obras como Dead Cells ou Void Bastards. Estes cambios acaban sempre en desmoralizar aos empregados.

Así, é imposible pensar que o título de Ghost Storyn Games vexa a luz este ano, quizais tampouco o seguinte. Os actuais empregados sinalaron a Bloomberg que, como mínimo, haberá que esperar dous anos.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.