O outono non é tan frío :: Principais lanzamentos de outubro
Após un setembro de absoluta tolemia, outubro simular ser un mar máis acougado, pero non está exento de contar con varios lanzamentos de enorme interese.
É o caso, sobre todo, de Nintendo Switch, que recibirá dúas obras das que levamos falando ben tempo: The Witcher 3: Wild Hunt e Luigi’s Mansion 3. O primeiro preséntase como unha versión para a consola híbrida do título máis exitoso de CD Projekt RED até a data, co bruxo Geralt como protagonista. O seu mérito? Continuar posuíndo un portentoso apartado gráfico, considerado por moitos un imposíbel na consola da gran N. O segundo é un novo exclusivo, e aposta pola diversión total na pel do irmán menor de Mario.
Doutra banda, PlayStation recibirá a revisión de MediEvil, que contou cunha versión de mostra na tenda oficial estes días. O regreso de Sir Daniel será por fin unha realidade. Yakuza 4 e Concrete Genia tamén fan a súa aparición no mercado occidental de Sony.
No campo multiplataforma, Destiny 2 recibirá a súa cuarta expansión, Shadowkeep. Ademais, Ubisoft tamén abrirá a veda dos tiroteos con Tom Clancy’s Ghost Recon Breakpoint, título ao que seguirá a mediados de mes o novo Call of Duty: Modern Warfare. Máis? Si, aínda que dentro dunha temática totalmente diferente. The Outer Worlds, o último de Obsidian Entertainment materializarase en PS4, One e PC. Chamado a ser o sucesor espiritual dos Fallout máis exitosos, promete exploración e aventura a partes iguais.
| Xogo | Plataforma | Data de lanzamento |
|---|---|---|
| Destiny 2: Shadowkeep (DLC) | PS4, Xbox One, PC | 1 de outubro |
| Tom Clancy’s Ghost Recon Breakpoint | PS4, Xbox One, PC | 4 de outubro |
| The Alliance Alive HD Remastered | PS4, Switch | 8 de outubro |
| Concrete Genie | PS4 | 8 de outubro |
| Indivisible | PS4, Xbox One, PC | 8 de outubro |
| Trine 4: The Nightmare Prince | PS4, Xbox One, PC, Switch | 8 de outubro |
| Grid | PS4, Xbox One, PC | 8 de outubro |
| The Witcher 3: Wild Hunt – Complete Edition | Switch | 15 de outubro |
| Digimon Story: Cyber Sleuth Complete Edition | Switch, PC | 18 de outubro |
| Call of Duty: Modern Warfare | PS4, Xbox One, PC | 25 de outubro |
| MediEvil | PS4 | 25 de outubro |
| The Outer Worlds | PS4, Xbox One, PC | 25 de outubro |
| Resident Evil 5 | Switch | 29 de outubro |
| Resident Evil 6 | Switch | 29 de outubro |
| Yakuza 4 | PS4 | 29 de outubro |
| Atelier Ryza: Ever Darkness & the Secret Hideout | PS4, Switch, PC | 31 de outubro |
| Luigi’s Mansion 3 | Switch | 31 de outubro |




