O peto máxico de Doraemon chegará a Occidente cunha nova aventura

O famoso gato cósmico e o seu amigo Nobita teñen un novo xogo entre mans: Doraemon: Story of Seasons. Un título de xestión que beberá directamente das augas de proxectos como Harvest Moon ou o exitoso Stardew Valley. Conta con licencia oficial, chegará en formato físico grazas a Banndai Namco e tamén con localización ao castelán (aínda que poderemos manter as voces xaponesas orixinais).
Doraemon: Story of Seasons está sendo desenvolto polo estudio Brownies, aparecendo na produción Marvelous e a propia Bandai Namco. A súa saída está prevista para este mesmo outono, sen especificarse o mes concreto. Contará cunha historia orixinal, allea ao manga e o anime, incluíndo personaxes orixinais para tal ocasión. As súas mecánicas incluirán as típicas dentro dos xogos de xestión desta clase: sementar, explorar, cazar pequenos animais, falar co resto de habitantes da aldea… Ademais de Nobita ou Doraemon, atoparemos vellos coñecidos coma Shizuka, Xigante ou Suneo.

No xogo atoparemos aos personaxes máis coñecidos do manganime orixinal.