O primeiro DLC de Marvel’s Spider-Man inclúe tres novos traxes

Este próximo martes 23 de outubro poderá descargarse o primeiro DLC de Marvel’s Spider-Man. Ten por nome “O Atraco” e inclúe tres novos traxes para Peter Parker, cada un coa súa respectiva habilidade.
Estes tres novos modelos son: o traxe de resiliencia, creado polo debuxante de Marvel Gabriele Dell’Otto (totalmente orixinal), e dous xa coñecidos para os seguidores do home araña coma son o segundo traxe escarlata e o Spider-UK da serie Un novo universo.

Así son os tres novos traxes quee poderá vestir o noso home araña.
Por outra banda, neste primeiro DLC poderemos atopar á Gata Negra, unha personaxe por todos coñecida. O noso obxectivo será darlle caza a través da cidade. Tamén se engadirán novas misións e desafíos por toda Manhattan.
Iso si, antes chegará a actualización 1.07, o mércores 17 de outubro, que incluirá o modo Nova Partida+ e unha dificultade máis esixente que as xa existentes. Os caza trofeos poderán obter dous novos ao pasarse o xogo en cada un destes modos.