O primeiro DLC de Resident Evil Village será publicado o 28 de outubro

O primeiro DLC de Resident Evil Village será publicado o 28 de outubro

Seis millóns de unidades vendidas despois, Capcom pensa que xa era un bo momento para anunciar que Resident Evil Village recibirá a súa primeira expansión o vindeirlo 28 de outubro. É a data na que tamén será estreada a Gold Edition do xogo, que incluirá un modo en terceira persoa para a campaña principal, contido extra para o modo Mercenarios e esta ampliación do título orixinal, que leva por nome Shadows of Rose.

Segundo indican desde Capcom, esta expansión avanzará até 16 anos na historia orixinal para controlar a unha Rose xa adolescente, «vítima dun poder terrorífico». O DLC será en terceira persoa —obrigatoria— e teremos que facer mergullo na consciencia da megamiceta, «un misterioso reino onde as memorias do pasado volven para crear un retorto mundo de pesadelos».

Logo, afondando no tema Mercenarios atopamos novos escenarios que aportarán versatilidade e máis volume ao xogo, xunto coon tres personaxes xogables: Chris Redfield, Karl Hesienberg y Lady Dimitrescu, todos coas súas armas únicas e particularidades.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados